Imaxes para a Dignidade“ é unha mostra fotográfica que formula a necesidade de que os homes e mulleres desta época miren de fronte o ser humano, e que o fagan desde a condición de Dignidade que nos concede a todos o propio feito de existir.
http://www.extension.udc.es/
A Universidade da Coruña acolle hoxe unha exposición que tivo antes un longo percorrido por diferentes universidades españolas. É unha
exposición que, como non deixa de suceder nunca na mellor arte, convida a ver e a pensar, pois a beleza estética non vai en ningún caso
desligada da mirada crítica que nos interroga sobre a nosa condición e
actitudes. Fotógrafos tan recoñecidos como Sebastiâo Salgado ou
Cristina García Rodero son algúns dos autores representados, mais hai
outras formas de autoría implícitas nesta mostra. O exotismo, que tanta tradición ten no imaxinario europeo, está sometido hoxe ao reto da
inmigración masiva, e isto non pode deixar de ter consecuencias sobre a nosa forma de mirar. Os protagonistas das fotografías, antes
convenientemente estáticos e distantes, saen agora literalmente do
marco no que os contemplamos, cruzan a sala e marchan polas rúas das nosas cidades. Son estas imaxes como caiucos que, subrepticiamente, nos falan da dignidade humana na súa expresión máis alta, cando se dan condicións terribles para a súa manifestación.
E aí estamos nós, antes eses marcos efervescentes. Seremos os espectadores unha imaxe distante e estática?
Un amplo percorrido polo traballo que realizaron 39 fotógrafos de todo o mundo, ao longo dos cinco continentes – fuxindo de actitudes paternalistas - e desde o que se nos propón ollar de fronte outros pobos, culturas e realidades sociais, vividas por individuos e colectividades.
AUTORES PARTICIPANTES
- Sebastiâo Salgado (Brasil)
- Cristina García Rodero (España)
- Christine Spengler (Francia)
- Dario Mitidieri (Italia)
- Fernando Moleres (España)
- Kim Manresa (España)
- Zwelethu Mthetwa (Sudáfrica)
- Nacho Calonge (España)
- Juan Manuel Díaz Burgos (España)
- Liborio D´Avino (Italia)
- Monica Lleó (España)
- Yann Bautista Wiberg (España)
- José Manuel Navia (España)
- Cesar Lucadamo (Argentina)
- Javier Hernández (España)
- Alfonso Zubiaga (España)
- Claudia Andujar (Brasil)
- Paolo Pellegrin (Italia)
- François Fontaine (Francia)
- Diego Alquerache (Argentina)
- Genín Andrada (España)
- Daniel Schwartz (Suiza)
- Daniel Mordzinski (Argentina)
- Gianni Berengo Gardin (Italia)
- Jesús Salinas Catalá (España)
- Gigi Cohen ( E.E.U.U.)
- Enrique Pimoulier (España)
- Angel López Soto (Argentina)
- Javier Teniente (España)
- Dean Chapman (G.Bretaña)
- Arturo López Illana (España)
- José Antonio Carrera (España)
- Isabel Azkárate (España)
- José Manuel Moraga (España)
- Jutta Mier Wiedenbach ( Alemania)
- Guillermo Sologuren (México)
- R. Le Moyne (ACNUR-O.N.U.))
- Chalasani (ACNUR-O.N.U.)